5 de abril de 2013

XOGO COS CONTIDOS DE LINGUA

Aquí vos presento unhas nubes de palabras que pretenden servir de  xogo de contidos para o terceiro ciclo de educación primaria. Trátase de que o alumnado atope os contidos que teñen relación .



Wordle: LENGUA Wordle: LENGUA

O QUE NOS AGARDA !!!!!


26 de marzo de 2013

Animais musicais: O Caracol

 Aquí tedes un videopoema para traballar en educación infantil e primaria. O poema é "Caracol" de Manuel María.

O Meu Videopoema: Caracol on PhotoPeach

13 de marzo de 2013

Recursos por contidos

        A continuación tedes diferentes ligazóns con recursos multimedia para traballar a lingua castelá e galega nas etapas de  educación infantil e primaria por contidos educativos ou temáticas.




  • Blogue con un montón de xogos  clasificados por áreas (lengua, matemáticas, coñecemento do medio, inglés e música) e cas temáticas a traballar especificadas (comprensión, acentuación, contos, ortografía,...) para educación infantil e primaria.
         Cada xogo ten unha breve descripción do seu contido e podes enlazar directamente, co cal faise moi fácil ver o que te interesa e acceder sen problemas. Soen cargar con bastante facilidade e son bastante apropiados cando pretendes traballar contidos específicos.   (capileiraticrecursos.wikispaces.com/RECURSOS+PARA+E.+PRIMARIA)                                                         


  •  Blogue para traballar:  - Morfoloxía, Ortografía, Sintaxis, Fonética e Fonología, Semántica, Comprensión, Literatura  Española e Literatura Universal. 
       Os exercicios e xogos son para lingua castelá. Dentro de cada apartado hai diferentes     subapartados.Traballa os contidos a  través de xogos, videos, contos, imaxes, textos, audio... Os   exercicios e xogos cargan directamente na mesma páxina non en enlaces, e teñen a posibilidade de corrección e de pistas senon o saben resolver. Moi interesante como reforzo individual de contidos para o alumnado. Dirixido a Educación Primaria e Secundaria.
(lenguayliteratura.org/interactivos)
                                                          
   

27 de febrero de 2013

Presentación

Neste blogue encontraredes recursos e actividades para traballar co voso alumnado de Educación Infantil e Primaria as áreas de lingua castelá e lingua galega dunha maneira máis lúdica e motivadora.